Será o 8 de maio. O achado dos restos deste Ben de Interese Cultural polo arqueólogo Antón Malde en 2021 volta poñer de relevo o Monte do Gato como lugar a preservar. Malde acompáñanos nun novo percurso por este espazo, no que estudaremos renovados datos sobre a nosa Idade Media.
Lugar de encontro: Praza do Concello de Oza dos Ríos, 9.30 horas.
Actividade de mañá, aberta, sen límite de prazas. Dificultade baixa, 8 km. É necesario anotarse antes do 4 de maio nos correos ola@roxinroxal.gal e roxinroxal@yahoo.com ou ben nesta mesma páxina wen, na seguinte ligazón: A Torre de Teodomiro – Roxín Roxal (roxinroxal.gal)
Antes do roteiro do 8 de maio, Antón Malde e Aranza González interveñen nunha conversa online sobre a vital importancia histórica e natural do Monte do Gato, e a necesidade de preservalo. Canles YouTube e Facebook ACLP Roxín Roxal, 20:00 horas.