PONTE…NAS ONDAS! é unha experiencia educativa radiofónica que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galiza e do norte de Portugal. Recoñecida internacionalmente, PNO! vén de recibir o Premio Ondas 2014. Na actualidade está novamente comprometida coa inscrición do patrimonio inmaterial galego-portugués á Lista Representativa da UNESCO. Santiago Veloso foi quen nos falou.
María da Pontragha é educadora e antropóloga, e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. En 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos. Participou en diferentes Xornadas de Oralidade, no Museo do Pobo Galego e na Universidade de Deusto e de Vitoria, no festival Atlántica de Narración Oral, no museo etnográfico de Zamora; tamén desenvolveu a súa labor en bibliotecas, participou no Salón do Libro de Pontevedra, no Verbum, centros de ensino, festas, locais sociais…
Foi en Betanzos, no Salón Azul, o 13 de marzo de 2013.