Polo camiño dos faros, de Arou a Traba de Laxe.
O naufraxio do barco de carga e pasaxe City of Agra nas rochas Lobeiras en febreiro de 1897 sérvenos como primeiro motivo para emprender esta rota costeira a cargo de Fernando Patricio e Xurxo Rodríguez Baña. Despois de Camelle, onde visitamoso museo de Man, camiñamos por sendeiros de pescadores até Traba de Laxe, onde visitamos a lagoa e a igrexa de Santiago, coa súa singular fachada barroca.