A presentación do libro “A gran travesía de Chiruca Macallás”, último acto antes da pandemia
O pasado venres 6 de marzo do ano 2020 tivemos connosco ao enorme Xurxo Souto, que presentou o seu libro “A gran travesía de Chiruca Macallás”. Foi no Salón Azul do Arquivo de Betanzos. Pesquedellas e o Coro Boghino de Caión interpretaron enxebres pezas musicais para o deleite do público.
Antes do acto Xurxo foi entrevistado para o noso programa de radio e a nosa canle de YouTube.
Durante a actuación no Salón Azul de Betanzos o colectivo Proxecto Pesquedellas interpretou varias cancións do folclore popular brigantino.
Roxín Roxal agradece ao Concello de Betanzos, sempre atento connosco, a cesión do uso do local para este acto.