Os últimos traballos arqueolóxicos realizados nos castros de As Travesas (Carral) e Mallou (Carnota) dan pé para fundamentar esta nova ollada sobre un dos periodos máis ricos e suxerentes da historia de Galiza: a Idade do Ferro.
Trátase dun tipo de arqueoloxía social, que procura a implicación directa da comunidade humana en cuxo territorio o ben arqueolóxico está inserido e fomenta a participación de persoal voluntario nos traballos de prospección. Esta combinación, xunto coa determinación e o vigor con que Malde e Gago encaran o seu cometido, fai emerxer un novo tipo de arqueoloxía que está a reconverter o noso dun país de Herdeiros pola forza (X. Ayán e M. Gago, 2012), noutro de herdeiros con forza, xenerosidade e vontade histórica para reconstruir científicamente o rostro dos nosos antergos.
O acto servirá tamén para presentar a recente obra de Manuel Gago, Vento e chuvia que, editada por Xerais e con deseños de Manuel Cráneo, recolle unha colección de historias mitolóxicas da antiga Gallaecia.
Atallos: