Informamos que o actor César Cambeiro, está a facer lendas para contar en público, e a primeira que vai presentar é, precisamente, a lenda que fala de Roxín Roxal. Fai unha versión libre, para entreter e ó mesmo tempo dar a coñecer lendas tradicionais, pero sempre respectando o espírito e o mais fundamental da historia.
A representación será este sábado 11 na cafetería “Hacedor de Charlas”, na Coruña (C/ Teniente General Gómez Zamalloa, 5 Baixo).
Hai tres pases de 20-25 minutos: as 20:30, 21:15 e 22:00 horas.
A entrada é libre.
Un saúdo. Roxin Roxal.