setembro, 2026
26sep09:15Ao rescate do viño de Betanzos (26/09/26)Roteiros de Outono 2026

Sinopse
Se nos Roteiros de Primavera visitabamos unha adega tradicional de viño do país (ìmolo seguir facendo na próxima tempada), toca agora coñecer a experiencia dos viñateiros ou vignerons
Sinopse
Se nos Roteiros de Primavera visitabamos unha adega tradicional de viño do país (ìmolo seguir facendo na próxima tempada), toca agora coñecer a experiencia dos viñateiros ou vignerons betanceiros, autodescritos como “románticos do viño e do territorio, que buscan recuperar o oficio e poñer a viticultura de Betanzos no mapa galego, español e mundial”.
Andaina, visita ás viñas, encontro con viticultores e veciños, visita guiada á Esperela (Paderne). Xantar opcional en Taberna Casa Beade, en Samede (Vigo, Paderne). Menú de callos, costela de porco con castañas, sobremesa, viño de Betanzos. Opción sen carne.

Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 09h15. Roteiro de mañá. Opcional: xantar en restaurante Beade (Samede), con proba de viños de Betanzos. Prezo (sen xantar): 5 € socio@s. 10 € non soci@s. Menores gratis. Con xantar: 30 € soci@s. 35 € non soci@s. Andaina sen dificultade.
Inscrición antes de 22/09/26. Prioridade soci@s.
ESPECIFICAR CON OU SEN XANTAR EN RESTAURANTE NO APARTADO COMENTARIO DO FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
Máis
Cando
26 setembro 2026 - 09:15


Deixa un comentario