Gustaríanos convidarvos a participar na reunión do Plenario comarcal de Queremos Galego! que será o vindeiro mércores 22 de xaneiro ás 20 h. no local de Zona Hadal (rúa Travesa, 37) en Betanzos, para perfilar a convocatoria da mobilización nacional prevista para o 23 de febreiro, Día de Rosalía, en Compostela.
Así mesmo, se aínda non o fixestes, podedes adherirvos e apoiar a actividade da plataforma Queremos Galego! nesta web: https://www.queremosgalego.gal/mudemos-de-rumbo-o-galego-ten-futuro/
Vémonos o mércores! Apertas!
Axenda
Este mesxaneiro, 2025
Roteiros