Axenda
Este mesdecembro, 2024
Roteiros
Pechadas as inscricións.
Actividade de tarde e noite na que, en colaboración coas Brigadas da Paisaxe, o paisaxista Bruno Prada e outros veciños da zona, percorreremos a braña da Boquela, un campo de mámoas e unha mina de auga con pozo que contén especies vexetais protexidas. Ao anoitecer, despois de merendar na Casa do Pobo do Freixo, visitaremos os petróglifos do Monte das Penas, recentemente interpretados polo arqueólogo Antón Malde, quen guiará o percurso.
Sairemos á 18:00 horas da Casa do Pobo do Freixo (Oza – Cesuras). Organizaremos unha merenda antes da vista nocturna aos petróglifos. Traer comida, as bebidas pódense adquirir no local.
[Rógase ás persoas que despois de anotadas non puidesen asistir, nolo comuniquen en canto for posíbel nos correos electrónicos ola@roxinroxal.gal ou roxinroxal@yahoo.com]
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal