O próximo venres 22 de abril teremos en Betanzos a presentación do libro Lingua, poder e adolescencia, de Miguel Rodríguez Carnota. O libro, que é a versión divulgativa da tese doutoral co mesmo nome, é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do noso país. No mesmo acto contaremos coa actuación do grupo de teatro Os Quinquilláns, que representaran sketches da súa obra Language Planning. A presentación dará comezo ás 20:00 horas na Sala Xulio Cuns do Edifico Arquivo-Liceo de Betanzos.
Como é habitual, despois do acto teremos uns petiscos de confraternidade na adega Os Arcos. O acto é aberto; para os petiscos é necesario anotarse nos correos roxinroxal@yahoo.com ou ola@roxinroxal.com.