Domingo 2 de maio de 2021. Coas limitacións propias do estado de alarma provocado pola Covid-19, levamos a cabo unha espectacular andaina por este lugar privilexiado, entre os concellos mariñáns de Oza-Cesuras, Aranga e Coirós. Comentaron Antón Malde (arqueólogo), Fernando Bandín (naturalista), Aranza González (afectada directa, secretaria da Comunidade de Montes de Fervenzas), Mónica Fernández-Aceytuno (afectada directa, bióloga) e Adela Figueroa Panisse (ecoloxista / Adega).
Só trinta participantes puideron formar parte do grupo, nunha rota que prevemos repetir, quizá en condicións máis favorábeis, o próximo sábado 19 de xuño.
A comarca das Mariñas, en pé contra os intentos de destruír este espazo natural único, logrará parar a barbarie co compromiso, o esforzo e a unidade.