A Serra do Iribio, na antesala do Courel, é outro espazo singular ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Nesta andaina -que é o noso segundo intento de camiñar polos cumes da serra- lembraremos os poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como o primeiro trobador galego-portugués coñecido, Martim de Padrozelos.
Andaina longa (13 km) por terreo sen grandes complicacións. Actividade de mañá e tarde. Transporte desde Betanzos e merenda-cea en Samos. Prezo (transporte e merenda-cea): Persoas socias: 39 € Non socias: 50 €. Até 18 anos: 20 €. Percurso alternativo no caso de tempo desfavorábel.