Ás 18 horas, antes da proxección en Betanzos do filme, o seu director conversa en liña co xornalista Daniel Seixo nas canles de YouTube e Facebook ACLP Roxín Roxal.
Ás 20h00 proxectarase no Salón Azul do Ed. Liceo de Betanzos esta longametraxe documental, que relata, contados polos seus protagonistas, os acontecementos sucedidos en Ferrol en 1972, nos que foron asasinados os obreiros Amador Niebla e Amador Rey. Entrada libre até completar capacidade.