Descripción
Sábado 10 de outubro 2026
Comezaremos a viaxe a Lousame lembrando Diego Zernadas de Castro, cura de Fruíme, precursor do rexurdimento literario galego. Pola tarde visitaremos a que foi a mina de San Fins e, da man do profesor, activista e antropólogo Joám Evans Pin, coñeceremos de primeira man iniciativas de deseucaliptización e xestión do monte comunal.
En xullo de 1936 parte da mina de Lousame a Columna Sanfíns, que participará heroicamente na defensa da Coruña fronte ao golpe de estado.
Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 09h00. Chegada a Betanzos ás 21h30 . Prezo (con merenda-cea en restaurante) 35 € (soci@s); 50 € (non soci@s). Anotarse en roxinroxal.gal antes de 05/10/26
Percorridos a pé sen dificultade. Prioridade soci@s.






