Para esta fin de semana propoñémosvos esta actividade: trátase da exposición Ondas de Irmandade II, que trata do asociacionismo mariñeiro na vila de Sada. O venres 2, ás 20:00 horas será a inauguración, que ao remate contará coa actuación do grupo de pandeireteiras Faltriqueira. O acto terá lugar na sala de exposicións do Liceo de Betanzos.
Esta segunda edición de Ondas de Irmandade ten como tema a lembranza da sociedade “Vigilancia de la Ría”, que defendeu activamente a riqueza pesqueira apoiando a regulación da extracción pesqueira na ría de Sada e denunciando o uso da dinamita e outros métodos prexudiciais.
Para os e as que o desexen, tamén o sábado 3 ás 13:20 e o venres 9 ás 20:00 haberá visitas guiadas á exposición e proxección de documentais. Chegados a un acordo coa organización, dicide que vides da parte de Roxín Roxal no caso que haxa algún problema de overbooking: seredes ben tratadas/os.