Estimados amigos,
Remitímoslles a continuación as actividades propostas para o mes de novembro na Fundación W. Fernández Flórez.
- Do 1 ao 4 de novembro teremos a disposición daqueles que visiten Villa Florentina un mercadillo de segunda man no que poderán atopar obxectos de diversa índole. Será no horario de apertura habitual en fins de semana e festivos: de 12h a 14h e de 17h a 20h.
- O día 3, ás 19.00h, celebraremos, como en anos anteriores, un MAGOSTO POPULAR. Actuará o coroARUMES DA FRAGA, da FWFF, e o grupo OS NOVOS DIPLOMÁTICOS DO ACORDEÓN, de Forcarei. Tamén haberá diversas animacións así como castañas asadas e outros productos de temporada. Ese mesmo día haberá un CONCURSO DE CABAZAS. Todos aqueles que queiran participar non terán máis que presentarse coa súa cabaza luminosa. Unha vez inscrita, a cabaza permanecerá en exposición ata o momento en que o xurado se pronuncie, ese mesmo día. PRECIO: 5€.
- O domingo día 4, ás 18.00h, teremos tarde de tertulia dedicada a Alexis Carrel (1873-1944) e, concretamente, á súa obra A incógnita do home. Este biólogo, médico e investigador francés foi citado por W. Fernández Flórez en diversas ocasións.
- O sábado día 10, na Caixa dos Contos Favoritos, dedicaremos a tarde aos contos Xan sen medo e O xastreciño valente. Será ás 19.00h.
- O domingo día 11, tarde de croquet ás CINCO. Se o tempo o permite…
- O sábado 17 celebraremos o día de Santa Icía, patroa dos músicos, cun recital musical a cargo de Xoán Eiriz, quen presentará o seu disco Trinta anos e unha canción de amor. Será ás 19.00h.
- O domingo 18, terá lugar unha nova cita do club de lectura Lendo con WFF e os seus contempráneos que, nesta ocasión, estará dedicado a Ortega y Gasset. Comentaremos varios artigos dos moitos que compoñen El espectador. Ás 18.00h.
- O sábado 24 teremos maratón de lectura dedicado á novela El secreto de Barba Azul, de W. Fernández Flórez. Será ás 19.00h.
- Pechamos o mes cunha nova tarde de croquet, o domingo 25, se o tempo o fai posible. Ás CINCO.
Tamén lles adiantamos que está aberto o prazo para todos aqueles nenos e nenas que queiran participar no Concurso de Postais O NADAL NO BOSQUE ANIMADO.
Os que teñan interese poden remitir os seus traballos á Fundación W. Fernández Flórez por correo postal (Apeadeiro, 14 Cecebre – 15650 Cambre) ou ben facer entrega persoal do orixinal nun sobre pechado, cos datos de contacto no interior e un apodo ou mote no exterior, en horario de apertura.
Haberá dúas modalidades: para nenos ata 6 anos e outra para nenos entre 7 e 12 anos. A idade deberá constar no exterior do sobre.
A data límite de entrega será o 30 de novembro e as dúas postais elexidas serán as que empregará a Fundación para felicitar este ano as festas de Nadal.
A data límite de entrega será o 30 de novembro e as dúas postais elexidas serán as que empregará a Fundación para felicitar este ano as festas de Nadal.
Esperamos que esta información sexa do seu interés.
Reciban un moi cordial saúdo.
Antonio Montero
Director FWFF
—
Fundación W. Fernández Flórez
Villa Florentina
Apeadeiro, 14 ~ Cecebre
15650 Cambre (A Coruña)
Telf. / fax: 981 676 052
Para saber máis:http://wenceslaofernandezflorez.org/WFF