Desde a revolta de Antonia Alarcón en 1810 até a actualidade, pasando polos sucesos de marzo do 72 ou a morte de Moncho Reboiras no 75, Ferrol sitúase no centro da loita obreira e política en Galiza. Neste percurso urbano visitaremos os lugares máis emblemáticos da loita obreira ferrolá, da man de destacados protagonistas directos nos feitos que se relatan.
Eliseo Fernández e Vicente Couce ilústrannos e acompáñannos.