A presentación do CD do grupo A Quenlla sobre os Irmandiños, con textos de Manuel María, serve de motivo para unha excepcional velada na que, desde as perspectivas do estudo da historia, da arte, do activismo social e da música, se estuda e repasa o mítico levantamento popular do século XV.
Participan os historiadores Felipe-Senén e Alfredo Erias, o grupo musical A Quenlla, o cantautor Tino Baz e o sacerdote, ensaísta, mestre e dinamizador cultural galego Alfonso Blanco Torrado.