En ausencia de medios audiovisuais, o teatro en galego foi concibido polas Irmandades da Fala como un poderoso instrumento de dignificación, prestixio e normalización dunha lingua que na altura falaba a inmensa maioría da poboación, incluso nas cidades. Xorde así un movemento teatral que evoluciona ao longo do primeiro terzo do século XX e percorre camiños varios que van desde o costumismo do drama rural, o drama histórico, a comedia e o vangardismo de preguerra.
A obra Ruínas, de Leandro Carré Alvarellos, a cargo do Cadro de Teatro de Cántigas da Terra, dirixido por Moncho Iglesias. Introdución do catedrático Carlos Biscaínho e comentarios de Moncho do Orzán e Elvira Varela Bao, filla dos actores das Irmandades Elvira Bao e Bernardino Varela.
Foi no cine Alfonsetti o 11 de decembro de 2015.