A paisaxe de montaña acompaña este roteiro, no que faremos un percurso pola historia e a natureza desta bisbarra. Guiados por coñecedores locais, visitaremos zona da Fornaza, a Seimeira e o Museo Etnográfico da Fonsagrada, xunto con vellas ferrarías, muíños, minas, fundicións e a singular ‘carretera da República’, unha obra a medio rematar por causa da guerra civil.
Grazas a Manolo Miranda, de Mariña Patrimonio, por guiarnos neste roteiro.