O castro de Mallou é o único escavado no antigo territorio dos Célticos Supertamáricos, un dos pobos máis orgullosos da súa identidade na antiga Gallaecia romana.
A Torre dos Mouros é un enorme recinto arqueóloxico ubicado sobre o alto da parroquia de Lira, a máis de trescentos metros de altura sobre o Atlántico, e cun gran dominio visual do arco de Carnota e dos montes de Muros e o Barbanza.
Os petróglifos de Prousos Magos, de excepcional interese, foron tamén visitados polo grupo de participantes.
Guiou o arqueólogo Antón Malde, participante nas escavacións do lugar.