Novo roteiro outonal polas terras do Courel, no que visitamos as aldeas de Froxán e Vilamor, o castro de Vilar sobre o río Lor, a devesa da Rogueira e o proxecto xa en marcha da Fundación Uxío Novoneyra na aldea de Parada.
No serán do sábado, primeiro día de Roteiro, Antón Lopo representou para nós, en Folgoso, o seu espectáculo Lampíricos .
A visita rematou cun encontro cos xestores da Fundación Uxío Novoneira, nomeadamente coa viúva do poeta, Elba Rei.
Antón Malde e Orlando Álvarez guiaron o percurso. Eternamente agradecid@s!