Roi Cagiao, realizador vigués con boas raíces no noso concello, presentou a longametrexe documental Vigo 1972. Foi o sábado 9 de marzo de 2019 en Miño.
Vigo 1972 conta a historia da folga xeral ocorrida nese ano na cidade, produto do despedimento de cinco traballadores da factoría Citroën que reclamaban a xornada laboral de 44 horas. A greve, que paralizou a cidade por quince días, é un fito da loita contra o franquismo na Galiza.
Na rodaxe participaron os nosos veciños Francisco e Martín Maceira. Antes da presentación, director e actores pariticiparon nunha entrevista rediofónico para o noso programa en Radio Filispim 93.9 FM. Foi a estrea do noso estudio de gravación!
RR agradece ao Concello de Miño a súa colaboración.