En colaboración coa Asociación Cultural Monte Medela, ao final do roteiro fixémoslle unha homenaxe a Manolo e Bieito Peleteiro a á memoria do seu irmán Carlos.
Carlos, Bieito e Manolo Peleteiro exerceron o sacerdocio en Filgueira de Barranca e outras parroquias veciñas. Desenvolveron unha intensa actividade humana e cultural e deixaron na comarca unha fonda pegada.