Resumo Asemblea Xeral Ordinária de 2-12-11:
Aproban-se por unanimidade as actividades (14 actos culturais: 8 roteiros dun dia, 1 de fin de semana, 1 viaxe ao extranxeiro de 5 dias e 4 actos diversos en locais – conferéncia, actuación musical, apresentación documental-), e contas do 2011.
Anima-se aos asistentes a faceren propostas de actividades e participaren na súa organización.
Ve-se interesante continuar coas viaxes fóra da Galiza e facer unha interacción real e efectiva con outras asociacións.
Está en estudo a posibilidade de adquisición dun local para sede da asociación e a posibilidade de federación con outras asociacións.
Aproba-se a doazón simbólica para o Proxecto Sermos Galiza.
Resumo Asemblea Extraordinária de 2-12-11:
Aproba-se por unanimidade a modificación da redacción de 5 artigos dos Estatutos, proposta pola Xunta Directiva e comunicada por correo electrónico aos sócios, prévia a celebración da Asemblea.
Aproba-se por unanimidade que o sócio Xosé Luis Chao González ocupe un posto de vogal na Xunta Directiva.