A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxin Roxal convoca aos seus sócios ás Asembleas Xeral e Extraordinária a Sexta-feira (venres) 2 de Decembro, no Centro Cultural A Senra (Bergondo):
– Asemblea Xeral (17:30 h. en 1ª convocatoria e 18:00 h. en 2ª) coa seguinte orde do dia:
1.- Aprobar a acta da reunión anterior.
2.- Aprobar o plano de actividades.
3.- Examinar e aprobar a memória de actividades.
4.- Examinar e aprobar as contas e balances do exercício anterior.
5.- Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para o exercício.
6.- Exame e aprobación das contas.
7.- Posibilidade de adquisición de local para a Asociación.
8.- Colaboración económica en Sermos Galiza e o Plan Mandeo.
9.- Rogos e preguntas.
– Asemblea Extraordinária (19:00 h. en 1ª convocatoria e 19:30 h. en 2ª) coa seguinte orde do día:
1.- Modificación Xunta Directiva.
2.- Modificación Estatutos.