Comezamos as actividades deste curso coas xa tradicionais Xornadas de Patrimonio Cultural organizadas pola nosa asociación, que van xa na súa quinta edición. Este ano terán lugar os sábados 16 de novembro, 30 de novembro e 14 de decembro. O programa é o seguinte:
– 16 de novembro, 17h. Futebol gaélico. Palestra con Carlos Ares Pérez. Ao remate, está organizado un partido amigábel entre o Cascarilha (A Coruña) e o Torques de Lugoslávia (Lugo) no campo dos Brozos.
– 30 de novembro, 17h. Unha mirada á arte románica, palestra a cargo da asociación “Máis que románico”.
– 14 de decembro, 17h. Cantos de Nadal: tradición e recuperación. Palestra con Rafael Quintía, antropólogo. Actuación de Maghúa cantareiros.
Todas as palestras decorrerán no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Adxuntamos o cartaz das actividades, para a súa difusión.
http://montedaestrela.org/v-xornadas-de-patrimonio-cultural
Vémonos nas Xornadas!