A plataforma cidadá Proxecto Cárcere e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña convidámosvos á proxección do documental “El lugar que ya no existe” producido polo Centro de Creación Contemporánea Espacio Tangente de Burgos(http://www.espaciotangente.net/).
O acto terá lugar o sábado 9 de novembro ás 19:00 no salón de actos daFundación Luis Seoane da Coruña (r/ San Francisco, s/n A Coruña) e é resultado do traballo colaborativo desenvolvido dentro da Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes (http://www.transiberica.org/).
O filme é un itinerario a través dos testemuños directos de vítimas da represión franquista na provincia de Burgos (lugar onde esta se desatou con especial virulencia) e das achegas das asociacións e persoas que traballan hoxe nese mesmo escenario a prol da recuperación da memoria histórica. Así, nace de tres anos de acompañamento dos procesos de localización, exhumación e dignificación de fosas de todo o territorio burgalés, ademais da recompilación de testemuños dalgúns ex-presos políticos que sufriron o encarceramento nas prisións da provincia de Burgos trala Guerra Civil.
O acceso é libre. Agradecémosche a túa asistencia e que colabores na difusión.
Xestión email Proxecto Cárcere – GdT Comunicación
—–
Proxecto Cárcere – A Coruña
—–
Proxecto Cárcere – A Coruña