Neste obradoiro de inicio ás técnicas fotográficas aprenderemos sobre os principais elementos da fotografia: luz, composición, contraste, encadramento…
Teremos unha introducción teórica seguida dunha práctica e un visionado e analise das imaxes creadas.
O obradoiro terá lugar o sábado 26 de outubro e terá unha duración de 4 horas en horario de 12 a 14 e 16 a 18h para ter tempo suficiente para producir imaxes e visionalas.
O prezo é de 20€ (standard) e 15€ (desempregadas e estudantes)
Troca de saberes é tamén unha opción para aquelas persoas que non podades facer ningunha aportación económica. Contactádeme e falamos.
Lugar: “As dúas mans” na rúa Pintor Villar Chao, 6 baixo, zona da Gaiteira
Para vos apuntar enviar email a fotoeducagaliza@gmail.com ou chamar ao 678 381 459
Hai número mínimo e máximo de participantes polo que se agradece confirmar con tempo para podermos formar o grupo.
—
“Ensinar não é transferir conhecimento, mas criar as possibilidades para a sua própria produção ou a sua construção.”
Paulo Freire