Ola, socios de Roxin Roxal.
Despois dunha semana co previsión de tempo irregular, parece que para o domingo 6 de outubro vai cambiar e tendremos sol e agradabel temperatura, polo que é o momento adecuado para o roteiro que vos lembramos:
Roteiro de Agolada a Lalín.
Data: domingo 6 de outubro.
Saída: 8:15 horas.
Lugar: Polideportivo de Betanzos (zona Centro de Saúde).
Percorrido: Fervenza da Toxa, Mosteiro de Carboeiro, Igrexa de Arxemil, Pendellos e Agolada e Igrexa de Ventosa.
Lembrar que hai que anotarse no correo electrónico da asociación (roxinroxal@yahoo.com) e que hai que levar comida.