O mes de MAIO en Villa Florentina
Sábado 11: Sesión infantil na Caixa dos Contos Favoritos: Pel de Asno. 19.00h
Domingo 12: Tarde de croquet. 18.00h
Venres 17: Romaría das Letras Galegas. Comezará cun contacontos ás 12.00h e continuará cunha ofrenda floral ás 13.30h no monolito do Bosque Animado. Pola tarde, despois de xantar, haberá xogos para nenos e adultos e, ás 19.00h, música a cargo do Coro Arumes da Fraga, da FWFF.
Sábado 18: A FWFF pechará as súas portas para acudir ao Teatro Rosalía, onde a Banda Municipal da Coruña, dirixida por José Luis Represas, interpretará, entre outras, a peza O Bosque Animado, de Andrés Álvarez Hernández. 20.00h
Domingo 19: Intervención do Coro Arumes da Fraga, da FWFF no Auditorio do Parque da Igrexa con motivo da celebración do Día das Letras Galegas ás 13.10h nun acto organizado polo Concello de Cambre. O Grupo de Teatro Afeccionado Fas-que-fas, da FWFF, actúa na Sala Gurugú (Agra do Orzán, nº3 – A Coruña), onde representará a obra Mesa para dous.20.30h
Sábado 25: O Grupo de Teatro Fas-que-Fas actúa no Centro Sociocultural do Graxal ás21.00h representando a obra Mesa para dous dentro do programa organizado polo Concello de Cambre con motivo do Día das Letras Galegas.
Domingo 26: Club de Lectura centrado na novela O crime do Padre Amaro, de Eça de Queiroz. 18.00h
Un cordial saúdo desde Villa Florentina!!
—
Fundación W. Fernández Flórez
Villa Florentina
Apeadeiro, 14 ~ Cecebre
15650 Cambre (A Coruña)
Telf. / fax: 981 676 052
Para saber máis:http://wenceslaofernandezflorez.org/WFF