COMISIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA –CEA DA REPÚBLICA 2013
HOTEL MELIÁ “MARÍA PITA”, VENRES, 12 DE ABRIL DE 2013, a partir das 21’30 h .
Para empezar cos actos dese día, a partir das 19’30 h., haberá una ofrenda floral na Avenida de Navarra, no Memorial ás Vítimas do franquismo na comarca da Coruña.
Pero tamén pola presente, tamén quedas convidad@ á CEA DA REPÚBLICA 2012, que se celebrará este ano, no Hotel Meliá “María Pita” ese mesmo venres 12 de abril, a partir das 21’30 h . O seu custe será, como o ano pasado (aquí non hai crise!!), de 21 Euros que poderedes ingresar na conta corrente nª 2096 0489 11 3275331004. É ALTAMENTEpreferible (para facilitar a organización do evento), que paredes anticipadamente o importe da cea, pero se vos fora imposible facelo, poderiades pagar alí mesmo .
O menú será o seguinte:
Entrante: Brocheta de langostino en tempura de azafrán.
Primeiro prato: Pastel de cabracho.
Segundo prato: Lubina ou Xarrete de tenreira con gornición de verduras.
Postre: Xeado de vainilla con chocolate quente
Bodega: Branco Ribeiro, tinto Rioxa, auga, refrescos e café.
Para apontarse a este evento, non tedes máis que respostar a este mesmo correo (rupo@mundo-r.com), ou chamar por teléfono, ao número 607506231, e preguntar por SONIA SÁINZ SUÁREZ, que é a compañeira que este ano váise facer cargo de recibir as chamadas telefónicas das persoas que teñan intención en anotarse para a Cea da República 2013.
Na Cea da República, como todos os anos, terá lugar o nomeamento da REPUBLICANA DE HONRA 2013, que este ano será outorgada a ELVIRA VARELA BAO, mestra Republicana do barrio de Labañou . Achegamos unha pequeña semblanza desta muller, da que ese día disfrutaremos da súa compaña.
Agardando, pois, pola vosa presenza, tanto na ofrenda floral ás vítimas do franquismo na comarca da Coruña, como na celebración da CEA DA REPÚBLICA 2013, recibide un cordial, afectuoso saúdo REPUBLICANO .
Rubén Afonso Lobato (secretario da CRMH da Coruña)
PD . – Existe a posibilidade de disfrutar dun menu vexetariano, ou de calquera outro tipo en especial, non hai máis que indicalo á hora de facer a reserva .