Axenda
Este messetembro, 2026
Roteiros
Comezaremos a viaxe a Lousame lembrando Diego Zernadas de Castro, cura de Fruíme, precursor do rexurdimento literario galego. Pola tarde visitaremos a que foi a mina de San Fins e, da man do profesor, activista e antropólogo Joám Evans Pin, coñeceremos de primeira man iniciativas de deseucaliptización e xestión do monte comunal.
En xullo de 1936 parte da mina de Lousame a Columna Sanfíns, que participará heroicamente na defensa da Coruña fronte ao golpe de estado.

Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 09h00. Chegada a Betanzos ás 21h30 . Prezo (con merenda-cea en restaurante) 35 € (soci@s); 50 € (non soci@s). Anotarse en roxinroxal.gal antes de 05/10/26
Percorridos a pé sen dificultade. Prioridade soci@s.
DOCUMENTACIÓN SOBRE A COLUMNA SANFÍNS
Libro Breve historia da Columna Sanfíns, de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández, editado pola CNT Galiza en 2016: https://colunasanfins.wordpress.com/wp-content/uploads/2020/04/breve-historia-coluna-sanfins.pdf
Artigos sobre a Columna Sanfíns en prensa dixital:
https://ordestories.blogspot.com/2021/05/a-columna-sanfins.html
Vídeo curto da CNT Galiza
https://www.facebook.com/watch/?v=438475472366220

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.

email: ola@roxinroxal.gal