Coa guía de Rosana Prieto e o testemuño de varios veciños, recollemos a intensa memoria dos fuxidos, a represión e a loita guerrilleira na comarca. Visitamos a ferraría da Penacova (Bóveda), a pena Veitureira, a igrexa de Castro de Rei de Lemos e o Castro de Castromaior (Portomarín). Rematamos na Adega de Cabanas (Portomarín), onde recibimos a visita da artesá Lola Tourón.

