O próximo sábado 9 de maio comezamos os Roteiros de Primavera 2026. Visitaremos a igrexa de San Francisco en Betanzos e continuaremos coas de Porzomillos, Santa María de Cuíña e San Nicolao de Cis, todas elas no concello de Oza Cesuras. Trazos arquitectónicos estilísticos repítense no románico e primeiro gótico da comarca, de xeito que marcan unha unidade territorial nas Mariñas dos Condes. Roteiro a cargo do arqueólogo Antón Malde.
APOIAMOS O VIÑO DO PAÍS (BETANZOS). Por iso, para quen o desexe, remataremos o roteiro cun xantar na adega O Porto, na histórica rúa do Cristo.
Roteiro de mañá. Opcionalmente, xantar en adega O Porto (informarase prezo). Saída de Betanzos (monumento a Faraldo na Ponte Vella) ás 09h15. Andaina de 6 km sen dificultade. Prioridade soci@s. Prezo: 5 € soci@s. 10 € non soci@s. Menores gratis. Inscrición en nesta mesma páxina antes de 05/05/26.
Aos socios e socias cobraráselles no mesmo autobús que nos levará a Porzomillos e nos traerá de San Nicolao de Cis ao final da andaina.
POR FAVOR, NO MOMENTO DE ANOTARSE DEBEDES INDICAR SE QUEDADES A XANTAR NO VIÑO DO PAÍS. FACÉDEO NO APARTADO “COMENTARIO (OPCIONAL)”. DAREMOS DETALLES DE MENÚ E PREZO.




