Axenda
Este mesnovembro, 2024
Roteiros
Prazas completas. Pechadas as inscricións.
Anotacións só en lista de agarda.
roxinroxal@yahoo.com
ola@roxinroxal.gal
Pechadas as inscricións
Felipe Senén introdúcenos no pasado remoto da nosa bisbarra neste percurso pola cidade da Coruña. No museo arqueolóxico do castelo de Santo Antón exhíbese o ídolo de pedra atopado en Paderne en 1964. Roteiro de mañá con saída de Betanzos en autobús e volta ás 14h30 (aprox.). Prezo do transporte desde Betanzos e traslado interno na Coruña: 12 € (soci@s); 15 € (non soci@s); 7 € (menores). Inscricións nesta mesma páxina web até 03/09/24. Prioridade persoas socias.
Para as persoas residentes na Coruña e arredores, existe a posibilidade de comezar o roteiro no castro de Elviña, sen vir a Betanzos. Nese caso tería que aboarse igualmente a praza no autocar, dado que tamén servirá para levarnos desde o castro de Elviña ao castelo, e de volta ao castro unha vez finalizada a visita do castelo.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal