Descripción
Sábado 18 de maio 2024
A Serra do Iribio, na antesala do Courel, é outro espazo singular ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Lembraremos os poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como o primeiro trobador galego-portugués coñecido, Martim de Padrozelos. Andaina longa (13 km) por terreo sen grandes complicacións. Actividade de mañá e tarde. Transporte desde Betanzos e merenda-cea en Samos.
Prezo (transporte e merenda-cea): Persoas socias: 39 € Non socias: 50 €. Até 18 anos: 20 €. Percurso alternativo no caso de tempo desfavorábel.
A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.