A Serra do Iribio (tamén chamada Oribio), na antesala do Courel entre os concellos de Samos e Triacastela, é outro espazo singular de grande valor ecolóxico e histórico, tamén ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Neste roteiro paisaxístico e literario lembraremos os poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como o primeiro trobador galego-portugués coñecido, Martim de Padrozelos.
É unha actividade de mañá e tarde. Debemos levar algo de comer e beber para o camiño! A andaina é de 13,5 km por terreo sen grandes complicacións. Despois do percurso faremos unha merenda-cea no restaurante A Veiga (Samos).
A saída será ás 08:30 desde Betanzos (zona polideportivo).
Prezo (transporte e merenda-cea): Persoas socias: 35 €; Non socias: 45 €. Até 18 anos: 20 €.
Pechadas as preinscricións.
Prioridade persoas socias. Información actualizada nesta páxina web e nos enderezos electrónicos ola@roxinroxal.gal e roxinroxal@yahoo.com.
A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, seguro, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.