Lois Vilar Hermidas e Xabier do Loureiro servíronnos de guías nesta primeira incursión de RR no marabilloso e mítico espazo do Monte Xalo. Nin choiva puido connosco!
Xabier e Lois son coñecedores, amantes e defensores do Xalo. Lois mantén unha páxina no Facebook dedicada ao estudo etnográfico deste espazo. Historias, lendas, receitas tradicionais…
Ao final do percurso agardábanos en Celas de Peiro a celebración do Día da Muller Rural, organizado polas amigas da asociación As Berenguelas.
Antes de comezar a camiñar visitamos a Pedra da Mazafacha, nas inmediacións da Urbanización O Castelo. Con pouca variación, o percorrido da andaina foi o seguinte: