O mosteiro de Pombeiro, o xacemento medieval do Preguntoiro e a excepcional igrexa románica de Atán son algúns dos puntos de interese desta nova andaina de Roxín Roxal pola Ribeira Sacra. Haberá visitas a experiencias de desenvol-vemento agrogandeiro sustentábel e merenda con produtos da localidade. Rosana Prieto guía e comenta as actividades.
Traer comida (xantar). Prezo combinado do transporte, seguro e merenda: 25 € (soci@s); 35 € (non soci@s); 12 € (menores de idade). Preinscrición na páxina web roxinroxal.gal até 3 de novembro. Saída do autocarro ás 08h30 de Betanzos (zona polideportivo). Chegada a Betanzos sobre as 21h00.
- A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.