O próximo luns, día 10 de decembro, pola tarde, Fragas do Mandeo dará en Sada (A Coruña) unha charla sobre a custodia do territorio como instrumento na conservación do litoral. Formará parte da xornada Estratexias para a mellora ambiental no golfo Ártabro, na que tamén participarán Fernando Jubete (Fundación Global Nature) e Marco Rubinos e Javier Ferreiro (ámbolos dous do Ibader), que falarán de experiencias de conservación mediante fondos Life Natureza.
Podes atopar máis información e descarga-lo programa na nosa web www.fragasdomandeo.org
Atentamente,
Fernando Bandín
correo@fragasdomandeo.org
www.fragasdomandeo.org
Tel.: 981 105 903