3 de xullo de 2021. Gran participación e moita gana de conxurar a ameaza dos eólicos no Monte do Gato, o máis extenso espazo natural da nosa comarca. Grazas a Antón, a Mónica, a Adela, a Aranza e a Fernando pola súa colaboración. E grazas, sobre todo, a todos os veciños que coa súa participación manteñen ben viva a arela da preservación do noso espazo natural. Seguiremos até que faga falta!