Isto que vedes aquí é o comezo da rodaxe do documentario que ten por título provisional “Nazis na costa”, que RR comeza a producir despois do parón da pandemia.
O historiador Enrique Barrera, persoa amábel, entusiasta e moi coñecedora do tema, foi o primeiro entrevistado. Falounos da voadura da polvoreira de Caranza en 1943, un acto de sabotaxe antifascista executado pola guerrilla, en máis que probábel colaboración cos servizos secretos británicos. Caranza serviu de base de aprovisionamento de submarinos alemáns durante Batalla do Atlántico.
Sara Calvete Lorenzo dirixe os traballos.
Axenda
Este mesnovembro, 2024
Roteiros