Tal e como vos adiantamos nun correo anterior, os próximos sábados 3 de novembro, 17 de novembro e 1 de decembro terán lugar as IV Xornadas de Patrimonio Cultural organizadas pola nosa asociación. O programa é o seguinte:
– 3 de novembro, 17h: xogos populares. Contaremos con membros da Liga Nacional de Billarda. Organizarase un aberto de billarda ao remate.
– 17 de novembro, 17h: a sidra, bebida tradicional galega a reivindicar. Contaremos coa presenza de Bieito Romero. Organizarase un magosto popular ao remate.
– 1 de decembro, 18h: palestra-concerto, da música tradicional á música de autor. Contaremos coa presenza de Mini e Mero, de A Quenlla.
Todas as palestras decorrerán no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Adxuntamos o cartaz das actividades, para a súa difusión.
http://montedaestrela.org/iv-xornadas-de-patrimonio-cultural
Vémonos nas Xornadas!