Feito tan só nunha mañá, este vídeo é unha pequena mostra da presenza galega que se resiste a desaparecer na capital da Arxentina. Temos moito que coñecer, moito que recuperar e moito que reivindicar desde a Galiza; hai moitas pontes que tender entre ambas as beiras do mar para manter viva, intensa e creativa a memoria da comunidade galega na quinta provincia.
Antón Alonso Ríos, segundo Presidente da Galiza no exilio, enterrado na Chacarita, debe ser especialmente recoñecido hoxe, xa que non o foi no seu día estando vivo.
As visitas a centros galegos que se relatan no vídeo foron unha pequena parte da actividade organizada polos Amigos dos Museos de Galicia en varios puntos da Arxentina no mes de novembro de 2024, na que tomaron parte o seu organizador, Felipe Senén López, e outros estudosos da emigración galega no Río da Prata, como o avogado e profesor Luís Pérez Rodríguez.
Roxín Roxal, presente na visita a través dalgúns dos seus membros, aposta polo rexurdir da memoria da presenza galega neste lugar, clave de boa parte da nosa historia recente.