Lembrámoslles a programación da Fundación W. Fernández Flórez prevista para o próximo fin de semana.
O sábado 20, ás 19.00h, lembraremos a figura de D. Xaime Illa Couto, quen foi Presidente da FWFF, cando se cumpre un ano do seu pasamento. Conmemorando o Día Mundial do Libro, terá lugar a presentación da novela A guerra lánguida de Álvaro de Castro, de Pablo González Mariñas, a quen acompañará Luis Rodríguez Cao, editor.
Doutra banda, o domingo 21, ás 19.30h, na Sala Gurugú (Agra do Orzán, 3 – A Coruña) o grupo de teatro Fas-que-Fas, da FWFF, presentará a peza teatral Mesa para dous. Adxuntamos o cartel correspondente.
Un soleado e cordial saúdo desde Villa Florentina!!
—
Fundación W. Fernández Flórez
Villa Florentina
Apeadeiro, 14 ~ Cecebre
15650 Cambre (A Coruña)
Telf. / fax: 981 676 052
Para saber máis:http://wenceslaofernandezflorez.org/WFF