A campaña de recadación solidaria impulsada por ADEGA pretende reunir os fondos necesarios para defender o medio ambiente e o rural galego nos tribunais fronte a actual invasión eólica. Fai a túa achega ao fondo común da campaña ou para o recurso de proxectos eólicos concretos. Lembra que as doazóns poden desgravar en Facenda ata un 80%. Ti podes paralos!
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal desde os seus inicios asume un compromiso primordial na defensa do patrimonio natural e do patrimonio histórico. Ante a actual especulación acometida en Galiza a causa da macroexplotación da enerxía eólica, a nosa asociación decide reforzar o seu apoio á causa.
Considerando a gravidade das actuacións que provocan a destrución de incalculable patrimonio, dun xeito ilexítimo e desaprensivo, a AC Roxín Roxal, co fin de contribuir á recadación dun fondo común, unése á campaña solidaria “Ti Podes Paralos’ en calidade de asociación embaixadora.
Axúdanos a acadar o noso obxectivo de recadar 1000 euros nun mes! Poderás contribuír coa cantidade que queiras. Achegas económicas aquí.