xuño, 2023

17xun(xun 17)08:0018(xun 18)21:30Rota do RomânicoRoteiros de Primavera 2023

Sinopse

Por fin. despois da pandemia, podemos achegarnos até os concellos da Rota do Românico (zona de Lousada, Amarante, Penafiel, Marco de Canaveses, no distrito do Porto). Descubriremos algúns dos seus peculiares monumentos, como son os mosteiros de Pombeiro, Travanca ou Mancelos, así como outros lugares de interese da zona. Noite en Amarante.

Día 17

Comezaremos a visita no Mosteiro de Paço de Sousa (Penafiel), exemplo e modelo da arte románica da zona. Despois seguiremos polas pequenas e belas igrexas de Boelhe, Vila Boa de Quires e Abragão, onde tamén visitaremos o Centro de Interpretação da Escultura Românica. A cea e a noite serán na localidade de Amarante (Hotel Navarras).

Día 18

Á mañá seguinte camiñaremos (6 km., fácil) pola Ecopista do Tâmega até Gatão, fermosa igrexa románica en cuxo cemiterio repousa o filósofo e escritor Teixeira de Pascoaes, home moi relacionado con Galiza e figura sobranceira entre os membros da Xeración Nós. Despois visitaremos os mosteiros de Mancelos (onde nos deteremos especialmente na figura do pintor Souza-Cardoso), Travanca e Pombeiro, co seu órgao neoclásico en pleno funcionamento.  

Prezo combinado do transporte, seguro, aloxamento (cuarto duplo), cea do 17 e xantar do 18: 120 € (soci@s); 140 € (non soci@s); 60 € menores. Suplemento cuarto individual: 27 €. Prioridade soci@s. Saída do autocarro: sábado 17 ás 08h00 de Betanzos (polideportivo). Chegada domingo 18 ás 21h30.

Máis

Cando

17 xuño 2023 - 08:00 - 18 xuño 2023 - 21:30

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará


Compartir

Rota do Românico
X