outubro, 2024

18oct20:00Presentación do libro "Liberdade para o galego"Elasa Quintas e Marcos Maceira (MNL)

Sinopse

O próximo venres 18 de outubro Marcos Maceira e Elsa Quintas presentarán en Betanzos o libro Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua”. Será na Sala Azul do Ed. Arquivo de Betanzos ás 20h00. Organizan Roxín Roxal e Eira Vella.

Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén.

É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?

Máis

Cando

18 outubro 2024 - 20:00

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir

Presentación do libro “Liberdade para o galego”
X