novembro, 2025

Sinopse
Na conmemoración do Ano Castelao, coincidinte co 75 aniversario da morte do político, autor e pensador galego, o xoves 27 de novembro teremos unha dupla sesión en Betanzos. Ás 19:30 teremos
Sinopse
Na conmemoración do Ano Castelao, coincidinte co 75 aniversario da morte do político, autor e pensador galego, o xoves 27 de novembro teremos unha dupla sesión en Betanzos.
Ás 19:30 teremos a presentación do libro “Castelao, desta terra e deste tempo”, co seu autor, Manuel Rei.

“Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a “artista xenial” ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego”.
Pecharemos a sesión coa proxección do filme “Antes de nós” (Ángeles Huerta, 2025).
“En 1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para a xente, mais un home ausente para a súa muller, Virxinia. En 1929, o matrimonio recorre a Bretaña poucos meses despois do pasamento do seu único fillo, Chuchiño”.
Máis
Cando
27 novembro 2025 - 19:30


Deixa un comentario